Vía | Guieiro
O pasado 28 de Febreiro Skalopendra tocamos no Pub Frenopátiko de Vigo. Ao día seguinte e almacenada parte do material no coche dun dos nosos integrantes, encontrámonos con que nos roubaran a “Gretsch Tim Armstrong Signature Electromatic” do noso guitarrista e o “Fender Pawn Shop Jaguar Bass” do noso baixista, cada instrumento na súa respectiva funda. Notificouse do roubo tanto a Policía Local e Nacional de Vigo, pero queremos ampliar a busca tamén polas redes sociais como esta. Achegamos neste post algunhas fotos para a rápida identificación dos instrumentos roubados.Skalopendra Rock Bravú Pregamos MÁXIMA difusión para que esta mensaxe chegue á maior cantidade de persoas posibles. A busca céntrase na cidade de Vigo pero pregamos tamén estar pendente en cidades lindantes, tendas de segunda man, eventos de certa sospeita sobre venda de instrumentos, en fin, lugares onde se poidan intercambiar con certa facilidade obxectos/instrumentos roubados.Confiamos plenamente en que aparecerán, pero necesitamos a axuda de todos xa que nunca se sabe…En caso de atopar algún ou ambos os dous instrumentos prégase poñerse en contacto cos seguintes números de teléfono: 638326614 (Christian), 626013029 (Xoán), ou contactar mediante mensaxe privada aos seguintes perfís de facebook Skalopendra Rock Bravú, Brian Jones HereIt Comes ou Xoán Tourís Dopico.DETALLES IMPORTANTES: A funda do baixo é da mesma tea e cor que a da guitarra, pero de forma rectangular. A zona onde se produciu o roubo foi preto da praza elíptica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Danos tu opinión