martes, 22 de abril de 2014

I Concurso de Bandas Castelo Rock 2014 y cartel del festival


Aquí abajo os dejamos los requisitos y toda la información necesaria para participar en el concurso. Para más información, no te pierdas las actualizaciones de http://guieiro.com/

Requisitos:
- A idade mínima permitida para participar no concurso é de 16 anos.
- Este concurso terá ámbito comunitario, podendo participar nel tódolos artistas, grupos ou solistas galegos.
- O estilo debe aterse as seguintes opcións: Rock/punk – Metal – Hip-Hop/Reggae – Mestizaxe.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
- Para participar será preciso compartir unha foto da banda cunha pequena biografía na aplicación do concurso en facebook.com/castelorock
- É imprescindible ter un repertorio de alomenos trinta e cinco minutos de duración en directo. A organización poderá admitir un repertorio menor si, ao seu xuizo, a calidade ou duración o xustifica.
- Os participantes poderán participar con temas propios ou tributos/covers .

PRAZO DE PRESENTACIÓN
- Dende as 14h do 21 de Abril de 2014 ata as 14h do 21 de Maio de 2014.

PRAZO DE RESOLUCIÓN
- A comunicación do gañador farase como data límite o 26 de Maio de 2014

DOTACIÓN DOS PREMIOS
Para poder optar a ser o gañador é condición indispensable ter conseguido un mínimo de 150 votos por parte do público. As bandas que teñan un número menor de votos non se terán en conta á hora de decidir o gañador.
- O grupo gañador estará incluido no cartel do Festival Castelo Rock 2014
- O grupo gañador
- O grupo gañador recibirá unha compensación de 300€.

Festival Castelo Rock1+Información
- A organización reservase o dereito a expulsar a un participante se a súa conducta ou actitude é considerada perxudicial para a imaxe do concurso ou en caso de que a organización sospeite que a banda está conseguindo votos de maneira irregular ou ilícita.O feito de participar no concurso implica a total aceptación e conformidade destas bases. Quedará automáticamente descalificado o grupo que incumpla as mesmas. O xurado resérvase a facultade de interpretar ditas bases e de realizar as comprobacións que crea convintes para unha mellor valoración dos grupos.

- Todas as datas e programación indicadas están suxeitas a posibles modificacións pola organización. Calquera modificación ou cancelación deste concurso será comunicada a través das nosas redes sociais ,Facebook: https://www.facebook.com/castelorock , Twitter: https://twitter.com/CasteloRock e na páxina Web: www.castelorock.com

- A organización poderá pedir una ligazón (YouTube, Spotify…) en caso de que o precise para escoitar os artistas, grupos ou solistas.

Festival Castelo Rock

Podes descargar as bases e toda a info na seguinte ligazón http://www.castelorock.com/Bases-Concurso-CR.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Danos tu opinión